Sumário
Ficha bibliográfica
Ficha técnica
Comentários
Pesquisa
Menu Inicial
Publicações
Outras publicações/coleções
The Overarching Issues of the European Space : Preparing the new decade for key socio-economic and environmental challenges
Sumário
Paisaxe e territorio : os piares da ensinanza para o profesor José Valverde Álvarez (1909-2000)
José Antonio Aldrey Vázquez, Daniel Del Río Franqueira
Documento (.pdf)
ResumoO profesor José Valverde Álvarez (1909-2000) realizou unha intensa obra investigadora en múltiples campos do coñecemento. O valor e a extensión do seu traballo científico é un feito sumamente meritorio dada a súa condición de mestre comprometido cos seus alumnos. Por iso sorprende o extensa e fecunda que foi a súa labor investigadora, primeiro en Galicia, fundamentalmente en Maceira (Covelo, Pontevedra) o seu destino obrigado como mestre, forzado polo exilio interior ao ser represaliado polo franquismo tras acusárselle de simpatizador coas ideas de esquerda. Así, desde o primeiro momento, alí onde estivese (xa fose por traballo, por desprazamentos estivais, por vivencia...) o primeiro que facía o profesor Valverde era achegarse ao territorio no que se atopaba e procuraba entendelo, estudalo e transmitilo, facendo unha aproximación integral a ese espazo. Así, analizaba e describía na súa xeneralidade todos aqueles aspectos humanos que teñen que ver coa xeografía: a paisaxe como pegada humana, os feitos históricos que explicaban o presente, a arqueoloxía e o patrimonio, a riqueza etnográfica, a lingua dos paisanos, a toponimia. E todo iso sen deixar nunca de lado a súa profesión e vocación, cunha continua preocupación polo ensino e a pedagoxía. Neste traballo faremos unha aproximación ao traballo de Don José Valverde Álvarez, erudito comprometido non suficientemente recoñecido nin difundido, cunha prolixa e valiosa obra no ámbito das humanidades que trataremos de abordar no que concirne aos seus traballos realizados en Galicia até o seu traslado a Sanlúcar de Barrameda en 1955, onde continuou co seu labor docente e investigador, pero xa centrado en terras andaluzas.
Voltar
Data da última atualização: 2021-02-24
DestaForma, Design e Multimédia
Biblioteca Central © 2006 - Todos os direitos reservados - FLUP