Contents
Bibliographic reference
Publisher's data
Comments
Search
Homepage
Publications
Congresses/Workshops
Incipit 6 : Workshop de Estudos Medievais da Universidade do Porto, 2017
Contents
Monstros e seres fantásticos na literatura de viaxes : un imaxinario fundador da imaxe do Oriente
Lorena Pazos Romero
File (.pdf)
ResumoA tese que introduce este artigo pretende recrear a imaxe marabillosa do Oriente que se difunde na Península Ibérica nos séculos finais da Idade Media. Para cumprir tal cometido, estúdanse os monstros e seres fantásticos que aparecían nos libros de viaxes que exploraban o continente asiático. Os relatos de viaxes escollidos son aqueles que chegaron a circular na Península desde finais do século XIII a principios do XVI. Seguindo as diferentes rexións de Asia, estudaranse os monstros que se atopan nos libros de viaxes medievais seleccionados, coas súas características e os lugares nos que se sitúan. En cada un destes territorios, farase unha pequena introdución de posibles mitos anteriores e despois agruparanse os monstros segundo o seu emprazamento concreto, que pode ser real ou imaxinario. Desta maneira podemos ver que panorama monstruoso se crea para cada lugar, e ter así unha imaxe completa do continente, ao mesmo tempo que de cada rexión. Por último, o obxectivo final será analizar os datos que nos aporta esta imaxe monstruosa dos libros de viaxes sobre o Oriente, que é o que define este panorama marabilloso: as diferencias entre os relatos, patróns que seguen ou datos únicos e excepcionais. Desta forma, indicarase cales destes datos nos aportan información sobre o Oriente, tanto sensacións que se poida transmitir sobre o territorio (medo, fascinación...) como pistas que nos poidan dar sobre as xentes dese lugar.
Voltar
Last Update: 2021-04-20
DestaForma, Design e Multimédia
Biblioteca Central © 2006 - All the rights - FLUP